Para facer honra ao proxecto planeta verde-planeta azul este ano decidimos celebrar un entroido con R maiúscula, REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Empregamos materiais como tapóns, papeis de xornal, de revista, cartóns, envoltorios de plástico... Estas accións tentan reducir o impacto da nosa vida no planeta e conservalo para as xeracións do futuro.
Un entroido para reflexionar, reducir, reutilizar, reciclar, redistribuír...
Grazas pola colaboración de David Pérez Iglesias, pai dunha alumna do centro.
Visita a exposición "lembranzas do ferrocarril pasado, presente e futuro" no pazo de Mos. Tivemos a sorte de poder acudir todo o alumnado, grazas ao concello.
COMEZAMOS UN NOVO CURSO E ESPERAMOS QUE ESTEA CHEO DE ILUSIÓNS E DE BOS MOMENTOS. DESPOIS DUNHA DURA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ELIXIR O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) E DECIDIRNOS ENTRE EUROPA E PLANETA AZUL-PLANETA VERDE.