Skip to Content

FROITA

A laranxa e as intelixencias múltiples

O alumnado de segundo curso adicamoslle o mes de febreiro á laranxa. Dentro do "Plan Proxecta" e en relación ao "proxecto froita"; realizamos diversas actividades en relación as intelixencias múltiples. Velaquí, unha pequena mostra!

 

A FROITA CHEGA OA CEIP PENA DE FRANCIA

                1ª SEMANA DA FROITA

                A semana do 16 de xaneiro no noso centro levamos a cabo unha merenda común.  Profesorado e alumnado, cada día pudemos degustar unha froita de tempada diferente.

 

                Pero non só nos limitamos a comelas tamén as estudamos, fixemos verdadeiras obras de arte con elas, ambientadores do máis naturais,…..

 

AOS NENOS E ÁS NENAS DE 5 ANOS ENCÁNTALLE FROITA

                Saboreamos e disfrutamos coa froita.

                Na clase de 5 anos B tamén vivimos a semana da froita dun xeito especial, fixemos actividades moi diferentes con cada unha, xogamos e pintamos con elas, manipulámolas, contámolas,…..

                O último día como non temos todos os mesmos gustos servimos a froita a modo de bodegón onde cada neno e nena pudo escoller e comer máis cantidade das que máis lle gustaban.

 

¡¡¡NON SOBROU NADIÑA!!!!

 

INFANTIL ARTE E ARTISTAS

                         RENÉ  MAGRITTE : O FILLO DO HOME

O alumnado de educación infantil quixo convertirse en artista, sendo arte á vez.

Así,  tanto nenas como nenos puxéronxe traxe e gravata vermella e posaron cunha mazá verde na súa boquiña, imitando o cadro de René Magritte.

 

Mirade que simpáticos e simpáticas quedaron.

 

A FROITA E O ALUMNADO DE 4 ANOS

 

Os nenos e nenas de catro anos desfrutamos comendo froita! Pero non só iso: aprendemos a divertirnos e facer moitas cousas diferentes con ela: estampar, decorar, aromatizar…

Aprendemos que probando podemos decidir o que nos gusta!

 

Veredes que ben o pasamos…

 

 

 

A FROITA E OS DE SEXTO A

O alumnado de 6ºA levou a cabo unha actividade de arte culinario coa que se pretendeu familiarizar aos alumnos e alumnas coas distintas modalidades de arte existentes e desmontar a idea de arte-pintura-escultura ou arquitectura. A cociña é considerada unha faceta máis do amplo concepto de arte, e así este grupo de rapazas e rapaces tomaron contacto coas súas primeiras experiencias artísticas con alimentos, neste caso coa piña como ingrediente principal.

PROJECT ABOUT BANANAS

 As nenas e nenos de 4º estivemos aprendendo cousas sobre o plátano e tamén fixemos un doce.

 

 

 

FEIXOA

Dentro do PLAN PROXECTA-ALIMÉNTATE BEN estamos a participar no proxecto de FROITAS na escola.

Entre as diversas actividades que temos pensado desenvolver está a de que cada curso estude unha froita.
Comezamos co alumnado de 5º B que fixeron unha presentación da FEIXOA.
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut