Skip to Content

FROITA

What´s in season in Spain?

Na clase de inglés, o alumnado de 5º, estivemos a facer un traballo de búsqueda de información sobre a froita de temporada en España e razóns para consumila. Mediante a actividade cooperativa de "Folio xiratorio" (neste caso "Bandexa xiratoria") fixemos un calendario de froita de temporada. Despois as razóns para consumir froita de temporada, quedaron recollidas nuns colgantes nos calendarios.

 

 

 

 

O MELÓN E OS DE 6º B

 

 

 

 

RECEITAS CON FROITA DE 1º DE PRIMARIA

AS FROITAS NA BIBLIA

ARCIMBOLDOS EN 4 ANOS

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS COCIÑAMOS FROITA

5 anos "Dis-Fruta-Mos" coas nenas e nenos de ACEESCA

O alumnado de 5 anos levou a cabo un obradoiro de froitas compartido cos nenos e nenas do centro ACEESCA. Saboreamos deliciosas froitas, fixemos chaveiros, marcapáxinas, barcos que atracaron na nosa clase cheiños de froita.

DIS-FRUTA-MOS!!!!

 

 

9 meses 9 froitas

No noso centro querémolo saber todo sobre as froitas, beneficios, orixe, receitas,....

Para o que votamos as nosas froitas favoritas e despois estudámolas dun xeito globalizado, dende as mates, a ciencia, as linguas e nun ano adicado a arte; buscamos todo tipo de obras onde houbese a froita que nos correspondeu, escultura, contos, cadros,....

A información está  pendurada a modo de libros a disposición de toda comunidade educativa.

 

AS FROITAS EN EDUCACIÓN FÍSICA

          O alumnado de 4ª, nas sesións de E.F. realizou actividades de reflexión sobre a relación existente entre a alimentación (froita) e o exercicio físico, recoñecendo os efectos dunha alimentación sana sobre a saúde e o benesar , manifestando unha actitude responsable cara a un mesmo.

Posteriormente, realizáronse unha serie de exercicios nos que se manipularon determinadas froitas, que o permitían, e estudiamos as súas características sen desperdiciar o producto.

Cando isto non foi posible, no seu lugar puxeronse iconas, fotos etc.

PROXECTO SANDÍA 3º DE PRIMARIA

LES FRUITS

Os alumnos e alumnas de 6º  na clase de francés fixeron varias actividades relacionadas coas froitas:  

 Fiche de vocabulaire

Mots croisés

Dialogue “j’ aime ….; je n’aime pas….”

Chanson; “J’aime les fruits”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A PERA

As seguintes presentacións foron realizadas polos alumnos de 5º A, por parellas, na aula de informática. Aquí tendes moitísima información sobre a pera.

  

 

 

 

 

 

Tamén elaboramos unha deliciosa receita con pera, COPA DE IOGUR E PERA.

 

AS FROITAS E AS ESTACIÓNS NA CLASE DE 1ºA

As nenas e os nenos de 1ºA reciben as estacións dun xeito moi saudable. Coñecendo e saboreando as froitas de tempada. 

 

 

A FROITA NA ARTE

 GRANDES ARTISTAS

Aos nenos e nenas de 5 anos B pedíuselle que buscaran nos seus fogares un cadro no que aparecesen froitas e que o trouxesen a clase fotocopiado.

Ao descoñecer o que se ía facer con él, os cadros foron moi variados e algúns realmente complicados, pero estas rapazas e rapaces demostraron ser uns grandísimos artista e ademáis de presentalos se atreveron a reproducilos e expoñelos. 

Aquí podedes ver a grandiosidade do seu traballo.

 

      

5 ANOS B PRESENTA AS FROITAS EN LINGUAXE DE SIGNO

PRESENTACIÓN DAS FROITAS EN LINGUAXE DE SIGNOS

                Na clase de 5 anos B pedímoslle as familias que creasen froitas con material de reciclaxe. Os resultados foron espectaculares  como se pode comprobar na seguinte visualización.

 

                Dado o dominio que teñen estes nenos e nenas na linguaxe de signos aproveitamos para que cada quen presente as súas froitas  deste xeito.

 

           

Distribuir contido


by Dr. Radut