Do 21 ao 25 de maio tivemos a primeira semana da froita neste curso 2017-2018 no que degustamos saborosísimos amorodos, albaricoques, plátanos, laranxas e peladillos.
Neste terceiro trimestres o clube de lectura de nais e pais, adicado ao libro de Xabier Quiroga "Izan o da casa", amenizouse a tertulia con saborosísimas froitas: amorodos, melón, plátanos,.....
O alumnado de tres aniños traballando formas, cores e cantidades con materiais de refugallo (retais, tapóns, cartóns) creou un fermoso cadro de "4 CEREIXAS".
O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou unha roda para saber que froitas son as propias de cada época do ano. Entre os beneficios que achega ese calendario está o de disfrutar de alimentos máis frescos e recentemente colleitados.
O alumnado de primeiro e segundo quíxolle dar un protagonismo especial as froitas, neste curso. E decidiu elaborar uns fermosísimos disfraces de froitas con materiais de reciclaxe para celebrar o entroido.
Alumnado de distintos niveis de infantil e primaria traballaron nun man a man, na decoración dun novo contenedor que será empregado para votar os restos orgánicos das merendas que despois se levarán ao composteiro.