DEBIDO AS CIRCUNSTANCIAS DADAS POLA COVID, ESTE CURSO NON PUDEMOS LEVAR A CABO ESES SABOROSÍSIMOS DOCES DE CABAZA NO CENTRO, PERO O GRAN PARTE DO ALUMNADO COCIÑOU NA SUA CASIÑA E COMPARTIU ESTAS SABOROSAS RECEITAS CON NOS.
O ALUMNADO DE 4º NA CLASE DE INGLÉS ESTIVO PREPARANDO A HORTA PRANTANDO LAVANDA PARA QUE OS BECHIÑOS MALOS, COMA O PULGÓN, QUE TANTO PROLIFERARON NESTA CUARENTENA NON SE ACHEGUEN ÁS NOSAS PRANTIÑAS E ADEMÁIS CONTRIBUIMOS A PROTEXER AS ABELLAS TAN IMPORTANTES NO NOSO ECOSISTEMA.
ESTE ENTROIDO ADICADO AO PLANETA, NA CLASE DE 5 ANOS PREPARAMOS OS NOSOS PRODUTOS DA HORTA E FERRAMENTAS, EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS. E DESFILAMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NO COLE E POLAS RÚAS DE MOS.
O PASADO MES DE DECEMBRO O ALUMNADO DE 5º LEVOU A CABO UN TALLER DE MARMELADA NO CENTRO DE INTEGRACIÓN SOCIAL AS ESCLAVAS, EN PETELOS. ADEMÁIS DE FACER UNHA DOCE E SABOROSA MARMELADA PASARONO XENIAL!!!!
A PESARES DESTA SITUACIÓN TAN DESAFORTUNADA QUE ESTAMOS VIVINDO, DEBIDO Á PANDEMIA, SEGUIMOS MOTIVANDO AO NOSO ALUMNADO A LEVAR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE POLO QUE FIXEMOS UNHA PEQUENA ENQUISA NA QUE DEBÍAN CONTESTAR A DÚAS PREGUNTAS, DAS QUE OBTIVEMOS OS SEGUINTES RESULTADOS.
O alumnado de 6º profundiza no coñecemento das propiedades da froita realizando un traballo de investigación multidisciplinar seguindo o método deductivo.