Skip to Content

FROITA

5º A ADIVIÑA A FROITA

O ALUMNADO DE 5ºA, ADEMÁIS DE DEGUSTAR FROITAS LEVARON A CABO UN ESTUDO DAS MESMAS QUE CONCLUIRON CON DIVERTIDOS XOGOS DE ADIVIÑA QUE FROITA SON.

 

FROITA PREFERIDA

O ALUMNADO DE 6º LEVOU A CABO UNHA INVESTIGACIÓN PARA OBTER BOA INFORMACIÓN SOBRE AS FROITAS, PROCEDENCIA, VARIEDADES, BENEFICIOS PARA A NOSA SAÚDE,.... E ASÍ PODER DECIDIR QUE DEBEN TOMAR CADA DÍA PARA ESTAR FORTES E SANS.

 

 

FROITAS DEGUSTADAS

Este foi o noso menú nas merendas das semanas da froita

 

 

FROITA FRESCA NA ESCOLA 2021

Tendo en conta as circunstancias que estamos a vivir e sendo conscientes da importancia que ten unha boa alimentación para as nosas defensas, decidimos, dun xeito bastante diferente a como o viñamos facendo, seguir participando nas semanas da ¨Froita Fresca na Escola¨. Eleximos unhas froitas que nos permitisen garantir todas as normas COVID e optamos por repetilas na segunda semana cambiando a variedade.

 

 

A busca das froitas perdidas en Educación Física!

O pasado venres 14 de maio o alumnado de 3º, 5º e 6º realizou un xogo en Educación Física no que tiñan que buscar 27 froitas agochadas no colexio. Algunhas froitas resultaron máis difíciles de identificar ca outras, pero tódolos equipos conseguir finalizar a misión con máis ou menos éxito!

 

AS FROITAS PREFERIDAS DE 4º B

O alumnado de 4º B elaborou unha gráfica de barras coas froitas que máis lle gustan. Como podedes ver as máis apetecibles foron as mazás, uvas e plátanos.

 

 

 

ENTROIDO 2021 NA CLASE DE 3 ANOS A

UN ANO MÁIS, AINDA QUE MOI DIFERENTE DEBIDO Á PANDEMIA, CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO COLE. E TRAS TANTA  ACTIVIDADE REPOÑEMOS ENERXÍA, ACOMPAÑANDO OS DOCES TÍPICOS DA ÉPOCA CON  SABOROSOS KIWIS E MANDARINAS.

 

ENTROIDO FROITEIRO NA CLASE DE 5 ANOS

AS NENAS E NENOS DA CLASE DE 5 ANOS XOGARON NESTE ENTROIDO A IMITAR AS OBRAS DE RENE MAGRITTE.

OLLADE QUE ARTISTAS TEMOS!!!!

  

 

 

 

 

 

 

 

 

RED APPLE

O ALUMNADO DE 3 ANOS ESTIVO APRENDENDO A COR "RED", PARA O QUE COLOREOU UNHA SABOROSA RED APPLE.

REPORTERO DOC

      No número de decembro-xaneiro de REPORTERO DOC fainos reflexionar sobre a importancia da nosa alimentación.

      Ollade!!, e para máis información visitade a nosa biblioteca alí atoparás esta revista e moita máis información.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECEITAS DE FROITA DE TEMPORADA

Uxía, Anxo, Marcos e Sofía fixeron estas deliciosas receitas con kiwi para o proxecto  E-twinning en inglés.

 

Nadal 2021

     Un ano máis o noso NADAL énchese de  postais, traxes, decorados, agasallos,....., e con tanta actividade ábresenos o apetito que saciamos, ademáis de cos postres típicos da época, con deliciosa froita fresca e en almibre.

 

 

QUE DELICIA!!!! 

 

CABAZAS EN 3 ANOS A

      ENTRE BALEIRADOS E DECORADOS ESTAS NENIÑAS E NENIÑOS DE 3 ANOS A SABOREARON DELICIOSAS RECEITAS DE CABAZA CHEAS DE DIVERSIÓN E AMOR XUNTO AS SUAS FAMILIAS.

PATACAS DO AIRE

      O ALUMNADO DE 5º ESTIVO ESTUDANDO ESTA FERMOSA E ESTRAÑA PATACA QUE NON PRECISA TERRA PARA O SEU CRECEMENTO.

      ENTRE OUTROS BENEFICIOS AO SER MOI RICA EN AUGA FAVORECE A DIXESTIÓN E EVITA O ESTREÑIMENTO.

QUE FANTÁSTICOS EXEMPLARES NOS TROUXO UNHA PROFE DA SUA HORTA.

CASTAÑIÑAS PRESUMIDAS

NUN CURSO MARCADO POLA PANDEMIA, NON SE PUDO LEVAR A CABO O TRADICIONAL MAGOSTO NO CENTRO.

POLO QUE NA CLASE DE 3 ANOS A SUSTITUIMOS AS SABOROSAS CASTAÑIÑAS ASADAS POR ÉSTAS TAN FERMOSAS, CONFIANDO EN QUE AS DEGUSTARAN NO SEU FOGAR.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut