Dende o equipo de dinamización lingüística fixemos o proxecto "O meu recuncho favorito de Mos", traballámolo a través do servidor da escola con todos o alumnado.
A continuación mostrámosvos os recunchos favoritos do alumnado de 6º por ser o seu último ano no cole.
Agradecemos a todas as familias a implicación e o traballo realizado.
Así e como festexamos o día de hoxe. Primeiro contamos o conto "Adivina cuánto te quiero" e falamos do moito que se querían as lebres. Elas eran moi boas amigas. Nós, igual que facían as lebres coidamos moito dos nosos amigos e amigas e tratámolos sempre con moito cariño. Despois gozamos dun fantástico taller de brochetas. Estaban deliciosas!