O Concello de Sada subvenciona con 4500 € os gastos de transporte das saídas escolares e de adquisición de material escolar.
Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP Pedro Barrié de la Maza, para financiar saídas escolares e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2022.
O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.