Skip to Content

Información importante do uso das mascarillas no patio

21/03/2022 09:40
Europe/Madrid

Bo día:

En relación ao uso das mascarillas por parte do alumnado no patio de recreo; a Xunta de Galicia estableceu o pasado venres 18 de marzo unha recomendación na que xa non fai preciso o uso de mascarillas no patio de recreo. 

Tamén precisa neste anuncio, que en breve actualizarán o protocolo contra a COVID-19. Polo tanto, o CEIP Pedro Barrié de la Maza, ata que non se actualice o protocolo decide que:

O uso da mascarilla segue sendo recomendable ata que se produza unha nova actualización do Protocolo COVID-19 para os centros educativos da comunidade galega. 

A Dirección do CEIP Pedro Barrie de la Maza. 



event | by Dr. Radut