Skip to Content

INCLÚE-T // 2ºC Por cuatro esquinitas de nada.

INCLÚE-T

Baixo o lema " Empoderar ás persoas con discapacidade e garantir a súa integración e igualdade" o luns 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha efeméride impulsada pola Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) desde o ano 1992, co obxectivo de informar e concienciar á sociedade sobre a realidade e necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar os beneficios que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade -política, social, económico e cultural-.

Iago é un alumno de 2ºC que ten escolarización combinada con ASPACE, aproveitando a visita que nos fixeron os usuarios e persoal de ASPACE, na aula de 2ºC traballamos a inclusión cunha actividade moi interesante: mediante o conto "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"  ao que todas e todos os alumnos da clase prestaron moita atención e interiorizaron a importancia de axudar aos que o necesitan e de respectar as diferenzas de cada un. (preme na imaxe)



page | by Dr. Radut