Proxecto de convivencia interxeracional: Traballamos cos nosos maiores, para a sensibilización do noso alumnado sobre as persoas maiores como medida de prevención contra a discriminación.
ACTIVIDADES:
- Visita do alumnado de 4º de primaria para coñercer o Centro de Día de Mondego.
- Traballo conxunto co proxecto da biblioteca, MUNDEGO: na súa visita ao Centro de Día, as nenas e nenos de 4º de primaria expuxeron os traballos que realizaron sobre diferentes países do mundo. Pola súa banda, os/as usuarios/as do Centro de Día, informaron ao alumnado sobre as diferentes formas de viaxar que se empregaban no século pasado.