Eventos
Estimadas familias:
Coma en anos anteriores, no pavillón do centro acumúlanse prendas que os rapaces/as deixan esquecidas. Ao finalizar cada trimestre, poñemos o prazo dunha semana para ver se se recollen as últimas prendas. O venres 19 as prendas serán doadas a unha ONG.
Gracias pola vosa aportación. Aquí deixamos imaxes dos percheiros por se recoñecedes algo.
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.
1. Usuarios sen identificar
Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.
2. Usuarios identificados
Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e
asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude),
imprimilo e presentalo no centro educativo.
Dentro dos plans de mellora de éxito educativo CP INCLÚE da consellería de educación; o noso centro, propuxo neste curso tratar o tema da educación sexual en Educación Primaria. Esta iniciativa, comeza por presentar a educación sexual a familias e profesorado e posteriormente tratalo nas clases. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade na PXA polo claustro e consello escolar.
A iniciativa será impartida por unha profesional do tema como é Carol Strate, xinecóloga e sexóloga. O centro anima a todas as familias a participar e coñecer como imos abordar un tema tan importante dende a escola.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS de Roi Louzan