Eventos
Deixamos as instruccións da situación COVID-19 con respecto ao ámbito educativo. Tendo en conta que nelas figura a obligatoriedade do uso de máscaras no transporte e as condicións para acudir ao centro no caso de ser positivo en COVID-19 ou convivir con algún caso positivo.
Bo día:
Enlazamos a circular da ANPA Quintán sobre as actividades extraescolares para o curso 22/23
ROUPA OLVIDADA
Ao igual que no curso pasado, imos a estabecer tres prazos para recoller a roupa esquencida no pavillón do centro. Despois dese prazo, a roupa envíase a unha ONG que a destinará aos máis desfavorecidos.
1º trimestre: 19 decembro
2º timestre: 27 marzo
3º trimestre: 19 xuño
DÍAS NON LECTIVOS
Os días non lectivos que se levarán ao Consello Escolar e posterior petición a Xefatura territorial serán:
Luns 5 de decembro e luns 20 de marzo.
AUSENCIAS POR VACACIÓNS EN PERIODO ESCOLAR
Recordamos ás familias que as ausencias por viaxes durante o periodo escolar apaecerán coma non xustificadas. A efectos de absentismo escolar non se iniciará ningún expediente por este motivo a non ser que existan faltas non xustificadas por outros motivos.
O inicio dun expediente de absentismo prodúcese ao supea o 10% de faltas e faltas de puntualidade non xustificadas. O 10% equivale a dous días.