Eventos
Boa tarde:
Na noite de onte e na mañá de hoxe, confirmáronse dous novos casos COVID-19 no centro. Actualmente o centro conta con 8 casos activos.
Os casos foron confirmados na noite de onte 17 de decembro e a media mañá de hoxe día 18 de decembro. A pesar de ser coñecedores ás 11:30 do venres 17, non tíñamos autoridade nin instruccións por parte do CSC para facer nada. Comunicáronse os contactos estreitos seguindo as instruccións da delegación territorial de sanidade e avisouse ás familias das aulas afectadas, así como transporte e comedor.
Queremos aclarar isto debido a que o centro ten coñecemento de malestar na xestión dos gromos/casos COVID-19.
Só podemos dicir que o centro actúa preventivamente cando pode e no momento no que é coñecedor, con independencia de día e hora. Unha vez conformado o expediente é cando nós podemos comunicalo oficialmente. Se algunha familia non está conforme con esta xestión, pedimos que o comunique ao centro, vía telefónica ou correo electrónico e acordaremos unha cita para explicar a xestión dos casos.
Por último, recordar que as vías oficiais de comunciación do centro son ABALAR MÓBIL, correo electrónico e páxina web; calquera outra vía que trate información sensible (véxase casos COVID), vulnera o protocolo de protección de datos.
A Dirección do CEIP Pedro Barrié de la Maza.