Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Decembro 07, 2021
Start: 07/12/2021 17:16

Prezadas familias:

Comunicamos que se confirmaron dous casos da Covid-19 no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Venres Decembro 10, 2021
Start: 10/12/2021 11:45

A liña telefónica do centro xa está operativa.

Sábado Decembro 18, 2021
Start: 18/12/2021 19:05

Boa tarde:

Na noite de onte e na mañá de hoxe, confirmáronse dous novos casos COVID-19 no centro. Actualmente o centro conta con 8 casos activos

Os casos foron confirmados na noite de onte 17 de decembro e a media mañá de hoxe día 18 de decembro. A pesar de ser coñecedores ás 11:30 do venres 17, non tíñamos autoridade nin instruccións por parte do CSC para facer nada. Comunicáronse os contactos estreitos seguindo as instruccións da delegación territorial de sanidade e avisouse ás familias das aulas afectadas, así como transporte e comedor. 

Queremos aclarar isto debido a que o centro ten coñecemento de malestar na xestión dos gromos/casos COVID-19.

Só podemos dicir que o centro actúa preventivamente cando pode e no momento no que é coñecedor, con independencia de día e hora. Unha vez conformado o expediente é cando nós podemos comunicalo oficialmente. Se algunha familia non está conforme con esta xestión, pedimos que o comunique ao centro, vía telefónica ou correo electrónico e acordaremos unha cita para explicar a xestión dos casos. 

Por último, recordar que as vías oficiais de comunciación do centro son ABALAR MÓBIL, correo electrónico e páxina web; calquera outra vía que trate información sensible (véxase casos COVID), vulnera o protocolo de protección de datos. 

A Dirección do CEIP Pedro Barrié de la Maza.

Martes Decembro 21, 2021
Start: 21/12/2021 10:28
Distribuir contido


by Dr. Radut