Skip to Content

Actividades complementarias

Celebración dos Maios e Letras Galegas

O pasado luns 22 de maio festexamos os Maios e Letras Galegas no cole cun recital de coplas que elaboramos entre todos os nenos e nenas de cada curso.

Pola súa parte, durante a conmemoración das Letras Galegas (adicadas este ano a Carlos Casares) o alumnado de infantil foi a ver a súa obra "A galiña azul" e o alumnado de primaria disfrutou da obra "As bombas do xeneral" da man de Tanxarina.

Xa podedes ver algunhas fotos das obras de Carlos Casares e o video das coplas dos Maios.

 

Obra de teatro Hansel e Gretel

O pasado venres os nenos e nenas do cole fumos á Sala Ártika (en bouzas) para ver a obra de teatro Hansel e Gretel.

Non foi obra tradicional, pois introducía aspectos da nosa sociedade e da nosa realidade, o que fixo que fora todavía máis divertida e entretida.

Rimos un montón e tamén pasamos medo cando a bruxa quería facer maldades, pero ao final todo se soluciona.

Aquí podedes vernos nos intres previos a que comezara a obra, pois durante o espectáculo non estaban permitidas as fotos.

A "Patio biblioteca" do Otero

A pasada semana con motivo da celebración da semana do libro. Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º realizaron unha actividade compartida no patio de fomento da lectura e a convivencia, creando deste xeito novos espazos lectores para motivar ao alumnado.

Nesta actividade compartiron gustos e opinións dos libros da biblioteca do cole, ademáis de modificar o espazo para lograr que vexan a lectura dende unha perspectiva máis cotiá e motivante. Unha maneira de levar o noso entorno próximo ás aventuras dos libros.

Entre os libros que leron, destacan "Marcopola" e "A pedra das formigas", pois o seu autor (Jacobo Fernández Serrano) virá ao cole o vindeiro 5 de maio. Estamos desexando coñecelo!

Unha visita moi animal!

Hoxe, na víspera da celebración do entroido tivemos unha visita moi especial.

Sobran as palabras, coas imaxes ides a entender perfectamente o que queremos dicir :)

Moitas grazas á familia de Manuel (4 anos) e Alejandra(4º de primaria) por prestarse a traer os seus cabalos ao colexio. Quedamos todos encantados!

O reto do maniquí: o cole conxelado!

O colexio uniuse ao reto "Mannequin challenge" e aquí tedes o resultado.

Deste xeito tan orixinal poderedes ver as instalacións do noso cole.

Ainda así, esto non queda aquí, para deixarvos co "gusanillo" soamente colgamos a primeira parte do cole (primeira planta, entrada e patio), así que estade atentos, porque próximamente colgaremos o resto :)

Distribuir contido


by Dr. Radut