Skip to Content

Xogos Populares e Tradicionais

Bos días e saúdos a toda a Comunidade Educativa do CEIP “Otero Pedrayo”

 

Esta semana  é a preliminar para conmemorar a Semana  das Letras Galegas, onde celebramos a importancia da nosa Cultura Galega, a súa língua, a súa literatura, a súa gastronomía, os seu costumes, etc.. 

Desde o Departameto de Normalización Lingüística xunto coa área de Educación Física imos a celebrar o aspecto máis  lúdico e recreativo coa realización e coñecemento dos diferentes Xogos Populares e Tradicionais da nosa Cultura Galega.

Este proxecto  consitirá na realización dun traballo de investigación para levar a cabo un “Catálogo dos Xogos Populares e Tradicionais do Otero Pedrayo”.  Toda a información relacionada cos Xogos Populares e Tradicionais  a podedes atopar nestas páxinas web: 

AGXPT

 

Enredamos coa Educación Física

(É un blogue con gran información sobre os xogos populares)

Esta actividade íase a desenvolver desde Educación Física en “condicións normais”, e para iso precisábamos da axuda e colaboración das familias do alumnado, e como estamos todos na casa, pois imos a continuar con ela. 

En qué consiste?   É moi sinxelo. 

O alumnado coa axuda dos seus seres queridos (pais, nais, avós, etc) teñen que buscar un “xogo do pasado”, cando os seus avós  ou os seus pais eran cativos e cativas, completando unha FICHA do XOGO  (que tedes na parte inferior)  cos datos máis importante dese xogo.  Tamén podedes ampliar o voso traballo de investigación facendo un video ou unhas fotos practicando o xogo elixido.

Para todo isto, ides a ter un tempo para facelo de 7 dias, é dicir, se hoxe é martes 5 de maio, ides a ter ata o vindeiro martes 12 de maio.

Cómo e onde o entregamos? 

Toda a información que acheguedes (ficha, fotos, videos,etc) tedes que envíala ao correo electrónico do mestre Paco, que é: pacofarn@gmail.com

Está todo claro, verdade!! Pois veña , rapaces e rapazas a investigar.

Saúdos e apertas

FICHA DO XOGO

AdxuntoTamaño
FICHA DO XOGO POPULAR e TRADICIONAL.pdf28.82 KB


blog | by Dr. Radut