Skip to Content

Admisión alumnado: curso 2022-2023

 

A partir do 1 de marzo comeza a reserva de praza nos centros educativos.

IMPORTANTE:

O ALUMNADO QUE XA ESTÁ ESCOLARIZADO NO CENTRO NON NECESITA REALIZAR RESERVA DE PRAZA NIN MATRÍCULA PARA O SEGUINTE CURSO.

A admisión do alumnado está regulada polo Decreto 13/2022.

  • DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

As familias interesadas deberedes traer a seguinte documentación:

- Anexo II (debidamente cuberto e asinado)

- Fotocopia do libro de familia (onde aparezca o neno/a)

- DNI dos proxenitores.

- Certificado de MATRíCULA expedido polo centro de orixe (para alumnado escolarizado noutro centro).

- Convenio regulador en caso de separación ou divorcio, de ser o caso.

- Solicitude de transporte escolar (se é o caso).

AVISO: Existe a posibilidade de realizar a solicitude a través da aplicación: admisionalumnado

IMPORTANTE:

CADA ALUMNO/A SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR.

O INCUMPRIMENTO DESTA NORMA IMPLICARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.


  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

O centro educativo conta con seguintes servizos complementarios:

- Comedor (xestión directa- cociñeira),

- Transporte escolar (dúas rutas: Trasalba-Amoeiro e  Bóveda- Amoeiro)

- Acollida temperá (de 8:00 ata as 10:00 xornada partida ou ata as 09:15 na xornada continua)

  • CALENDARIO:

- Do 1 de marzo ao 21 de marzo: presentación de solicitudes.

- Do 24 de marzo ao 6 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión (no caso de ter que baremar).

- Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

- Do 26 de abril ao 2 de maio: prazo de reclamación.

- Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e nos admitidos.

- Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula para o alumnado admitido.

 

  • No arquivo adxunto aparecen as VACANTES para o vindeiro curso escolar.

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude transporte escolar.pdf475.84 KB
Vacantes ofertadas 2022-2023.pdf387.9 KB


page | by Dr. Radut