Skip to Content

DÍA DO LIBRO

 

Hoxe, xoves, 23 de abril celébrase O DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

Nesta época de confinamento que estamos vivindo, os libros poden ser un dos nosos grandes aliados para facer máis levadeiro o noso día a dia.

Un libro ábrenos ventás ao mundo; sen saír da nosa casa podemos visitar moitos lugares, aprender diferentes materias, coñecer a vida de fantásticas persoas, facer experimentos, cantar cancións, recitar poesía, contar historias, contos e adiviñas…; pero o máis importante é que espertan a nosa imaxinación e a nosa curiosidade.

 

Dende o Equipo da Biblioteca Escolar queremos facervos partícipes desta celebración axudándovos a ter acceso a diferentes libros. A continuación recomendámosvos unha serie de editoriais que poñen a vosa disposición unha gran variedade de libros que podedes descargar de xeito gratuito e disfrutar coa lectura.

      BAÍA EDICIÓNS: ACCESO A CONTOS DE DIFERENTES IDADES

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

·  KALANDRAKA: PÁXINA CON CONTOS, VÍDEOS MUSICAIS, CONTOS CONTADOS…

http://www.kalandraka.tv/gl/

·  GUINDASTRE EDICIÓNS: A XANELA DO MAXÍN OFRECE UN VÍDEO COMPLETO DO CONTO: " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" 

https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y

·   AIRA: PODEDES DESCARGAR O CÓMIC “CARRIANDOLA” TANTO EN GALEGO COMO EN CASTELÁN E TAMÉN EN INGLÉS.

https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

·      DESCARGA DE XORNAIS O PAPAGAIO

http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

 

·         ACTIVIDADE: FOTOS LENDO

Por outra banda, gustaríanos que nos mandásedes fotos lendo. Todos os anos no colexio organizabamos o apadriñamento lector (os maiores líanlle aos pequenos). Podedes facer algo parecido na casa: que os nenos/as de 3º a 6º lle lean un conto aos máis pequenos ou á xente maior que viva con eles ou vós mesmos contádelle un conto aos vosos rapaces. Con todas as fotos faríamos un vÍdeo.

Animádevos a mandar a vosa foto (de ser posbile que se vexa o título do libro) a patricialopezpena@gmail.com. Tendes ata o 8 de maio para mandalas. Moitas grazas pola colaboración!  Lembrade...

UN LIBRO, UN AMIGO.

 

 



page | by Dr. Radut