Actos das Letras Galegas 2010
Os días 10 e 11 de maio tivemos 2 obradoiros na escola dirixidos ó alumnado do 3º ciclo de Primaria, os dous relacionados con Uxío Novoneyra.
Os nenos e nenas de 6º participaron no obradoiro de caligrafía. Esta é a crónica que eles mesmos escribiron:
" O pasado luns 10 de maio visitounos o ilustrador de orixe cubana Luis Enjamio para ensinarnos a escribir artisticamente, ou sexa, a facer caligramas.
Primeiro explicounos e ensinounos con imaxes. Logo dividiunos en dous grupos e estivo dúas horas con cada un.
A todos nos gustou moito a experiencia"
Os traballos resultantes deste obradoiro estiveron expostos na escola e nos vindeiros días levaranos para as casas.
O outro obradoiro foi de declamación e foi conducido por Tino Baz. Esta é a crónica que fixeron os alumnos/as:
O día 11 de maio veu Tino Baz á nosa escola, á aula de 5º de primaria.
Ensinounos a declamar poesías como facía Uxío Novoneyra e ademáis pasámolo moiben. Cada un recitou unha poesía e Tino Baz díxonos que o fixeramos moi ben eademáis… tocounos unha canción coa guitarra! Tocaba moi ben!! E non sabedescomo entoaba! tocounos unha peza dunha amiga súa.
TinoBaz é un cantautor galego. Naceu e vive na Guarda.
Aprendemos que declamar non é o mismo ca recitar.Tino díxonos que declamar é “Darllevida ás palabras”. E soa máis bonito ca cando só recitas!.