Resumo: Pepo é o xefe da banda formada cos seus veciños e compañeiros do colexio: Toto, o musculiños; Xesús o responsable fillo do director do colexio; Santiago, fillo dun capitán de barco; Pedro, o fillo do mecánico; os xemelgos, Jorge e Xosé que sempre fan e din o mesmo; Susana, que ten trenzas que botan chispas e Matías, que ten un gato cardíaco. A banda fai moitas trasnadas, coma no aniversario de Susana, cando xogaron aos bombeiros e inundaron o cuarto de Pepo, e así sempre.