Neste primeiro trimestre, o alumnado de primaria participou nuns obradoiros de permacultura.
Pero, que é a permacultura?
A permacultura é un sistema de principios de deseño agrícola e social focalizados na simulación ou directamente no uso de padróns e características observados no ecosistema natural (David Holmgren e Bill Mollison, 1978)
A verba "permacultura" alude a agricultura permanente, pero pasou tamén a equivaler a cultura permanente, xa que se entende que os aspectos sociais son unha parte conformante dun sistema verdadeiramente sostible .
A permacultura é unha filosofía de traballar con, e non contra a natureza; de observación prolongada e ben meditada, en vez dun labor longo e desconsiderado; e de observar todas e cada unha das funcións propias das plantas e dos animais, en lugar de tratar calquera área como un sistema de produción única (Mollison).
Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros de permacultura