Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Primaria

DEGUSTACIÓN DE PEIXE EN CONSERVA

Para ver que podemos comer peixe dun xeito sinxelo e variado, propuxemos en 1º e 2º facer unha degustación de peixe en conserva. Cada neno e nena trouxo algunha conserva, a poder ser algunha que non comeran ou comían menos veces. Con esas conservas fixemos o día da desgustación e puxemos como condición que tiñan que probar polo menos unha variedade de peixe que nunha probaran antes. Foi sorprendente como case todos probaron e comprobaron que lle podía gustar algún peixe diferente ao que tiñan comido. Pero todo hai que dicilo as sardiñas e o atún seguen sendo os máis preferidos para a maioría dos peques. 

 

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free digital collage customized with Smilebox

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: VISITA DE LUIS O PESCADOR DOS ARROASES

O xoves 26 tivemos visita no cole. Dado que participamos en ALIMÉNTATE BEN, viñéronos a visitar o pescador Luis, unha cociñeira e unha experta en peixe, para falarnos do importante que é comer pescado, e de paso contáronos que nos poden aportar os peixes que dan nome aos Arroases. Intelixencia, humor, ....e moito máis conseguímolo se comemos peixe. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow generated with Smilebox

MURAL DO CICLO DA AUGA

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DA CREACIÓN DO NOSO MURAL DO CICLO DA AUGA. 

 PICADE SOBRE A IMAXE

 

 

No seguinte enlace atoparedes o recurso co que se traballou o tema da auga nas distintas aulas:

 

A AUGA 

FACEMOS PLUVIÓMETROS

 

Aquí vos deixamos o documento coas imaxes do proceso de creación do pluviómetro, feito polos nenos e nenas de 1º de primaria. Só tedes que picar sobre a imaxe para velo.  

OS PLUVIÓMETROS DO ALUMNADO DE 3ºB

Os nenos e nenas de 3ºB tamén se animaron e fixeron os seus pluviómetros. Aquí vos deixamos unhas imaxes de mostra.

RELATOS SOBRE GOTIÑAS DE AUGA DE 3ºB

Nenos e nenas de 3ºB escribiron uns relatos nos que a protagonista é algunha gotiña de auga. Deixámosvos aquí as súas creacións.

FACEMOS PLUVIÓMETROS CASEIROS

Seguindo o traballo dentro do proxecto de METEOESCOLAS vimos que é un pluviómetro e fixemos un caseiro. Empregamos botella de auga de plástico de litro e medio, cartolina para a medida, unha secuencia do ciclo da auga, e celo ancho para plastificar por fóra os debuxos e o medidor, para que non se mollen.  E aquí tedes o resultado. É unha manualidade moi sinxela e os nenos e nenas de 1º foron quen de facer todo o proceso coa única axuda de facerlle o burato inicial á botella, para que poideran logo recortar a parte de arriba da botella para que funcione como o embudo de entrada de auga. 

O AIRE, O VENTO E OS MUÍÑOS DE VENTO

 Falamos do vento, vimos un LIM que explica o aire e o vento e fixemos uns muíños de vento moi chulos. 

Aquí vos deixamos o LIM do aire e a foto dos nosos muïños expostos na entrada do colexio. 

 

 

 

Se queredes ver como se fai tedes AQUÍ unha reportaxe fotográfica feita por nenos e nenas de 1º de primaria. 

 

O NOSO PANEL DO TEMPO

Participamos un ano máis en Meteoescolas do plan proxecta. E unha das actividades que propuxemos para este curso é a creación dun panel do tempo na entrada do centro. E aquí está: 

 

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut