VIOLETA MONREAL QUE MEDO QUERERÍAS VENCER?

PROPOSTAS DE TRABALLO:

-DEBATE SOBRE OS NOSOS MEDOS. CADAQUEN PODE EXPOÑER O SEU MEDO DO MESMO XEITO QUE O FIXERON ESTES NENOS. ENTRE TODOS PODEMOS APORTAR SOLUCIÓNS AOS MEDOS DE CADA UN. O LIBRO  REMATA COA HISTORIA DUN NENO QUE NON LLE TEN MEDO A NADA. É POSIBLE ISO? QUE OPINADES VÓS?

Facede un faladoiro no que os nenos e nenas falen dos seus medos e describan o que senten, intentando relacionalos cunha forma xeométrica. Que forma ten o meu medo?. Podería ser un circulo? Que representaría ese circulo? Un pozo? Un ollo? Podedes aproveitar a facer podcast con esta temática ou gravar en vídeo.

OUTRAS PROPOSTAS PARA DESPOIS DO DEBATE:

- Facer un debuxo do seu medo no que poden aparecer as formas xeométricas.

- Representar o seu medo con técnicas de rasgado e troceado de papel como fai Violeta Monreal, a autora.

-Inventar un monstro ou obxecto que represente ese medo e presentar ou facer só a metade, traballando a simetría. Pódese facer debuxando e cortando pola metade e pegando noutra folla; con pintura estampando a metade que falta; con plastilina, con pezas de contrución, configurando a forma do medo con bloques lóxicos e outros elementos, debuxando a figura nunha cuadrícula ...

-Escribir en texto a nosa propia historia e a solución nun cartel do tamaño que desexedes, seguindo o formato que propón o libro de Violeta Monreal.

Última modificación: Venres, 19 de Novembro de 2021, 23:23