IMAXE DE ROSALÍA COS PENSAMENTOS. PREME PARA VELA
Temos a imaxe montada en doc e tamén o jpg solto. O tamaño hai que axustalo a un A4 para o cartel que imos pór na plantación. Podemos escribir palabras/versos nos pétalos e se queredes o poema completo na parte de atrás da folla.
Para quen faga as macetas individuais haberá que axustar o tamaño á maceta a facer. Aquí deixamos unhas ideas de manualidades con reciclaxe.
Nas oveiras sustituiremos as pinzas por pauciños coa Rosalía pegada. Tamén podemos darlle a volta á oveira e facer unha maceta máis grande.