Curso: AS COUSAS DO 1º TRIMESTRE | cpdc

  • 1
    2
    3
    4
    5
    6
    7
    8
    9
  • Para o traballo documental a facer na 1ª parte do noso PDI deixamos aquí enlaces a varios recursos


  • Actividades para o 25 de Novembro

    Tedes un “wakelet” no que se inclúen 4 relatos xornalísticos  e outros recursos para que vos servan de punto de partida  para estas tarefas.

     

    -Debate nas aulas, ao acubillo do traballo de valores e socionatural, arredor da relación entre coronavirus e violencia de xénero.

    Podedes elaborar un documento na aula coas conclusións do debate

     

    - Traballo arredor de Concepción Arenal. Quen foi? Como contribuiu á igualdade de xénero.

    Podedes comentar na aula a frase “Abride as escolas e pecharán os cárceres”

    Podedes elaborar un documento na aula coas conclusións do debate.

    Visionado para os pequenos do capítulo dos Lunnis arredor de Concepción Arenal.

     

    -O libro recomendado do mes. A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES

     Colaboración (voluntaria) na preparación do conto “A historia dos bonobos con lentes”.

    Lede o libro recomendado e preparade debuxos das distintas escenas. Serviránnos de fondo para unha videolectura. Se algún grupiño de nenos quere facer o audio que avise.

     

    Mochiliña de lecturas temáticas. Rolará polas aulas dende esta semana.

     


    • Marco o protagonista deste conto recibe como agasallo un cabaliño “balancín” que  o transporta coma unha nave espacial ao planeta das árbores de nadal, un mundo máxico onde todo é paz e felicidade e as cousas non son complicadas porque todos usan o sentido común.
      “Que pasaría si...?” É a proposta que vos fago dende a biblio.  Que pasaría se ese agasallo tan desexado se convertese noutra cousa e sucedese algo máxico. Pensade nun dos agasallos que nos gustaría ou que nalgún momento nos trouxeron e pensamos en que podería convertirse ou suceder con el. Contámolo nunha ou dúas frases (mínimo). 


    • Na miña clase tedes os libros con temática de nadal para préstamo ás aulas. Se desexades algún pasade a pedirmo. Deixo aquí a listaxe

    •