Curso: AS COUSAS DA BIBLIOTECA | cpdc
- Xeral
Xeral
- Novas xerais e anuncios
- DÍA DAS ESCRITORAS. 17 DE OUTUBRO
DÍA DAS ESCRITORAS. 17 DE OUTUBRO
Material complementario das mochilas lectoras adicadas as escritoras galegas María Canosa e An Alfaya
- DIA DAS BIBLIOTECAS. 24 DE OUTUBRO
DIA DAS BIBLIOTECAS. 24 DE OUTUBRO
Celebramos este día coa posta en marcha da biblioteca. Aínda que a biblio pareza durmida polas ciscunstancias da Covid, a vida lectora xa é un latexo en tódolos espazos do cole:
-O protocolo xa está concluido e os cursos xa están traballando na súa presentación.
-Os mouchiños xa lanzaron as primeiras inciativas relacionadas co Samaín e o Monstro Coronavirus.
-As mochilas de lectura e a maleta viaxeira están xa facendo o seu percorrido.
-A hora de ler funciona dende o primeiro día de curso
-O préstamo está en marcha en moitas aulas ou a piques de comezar nas outras.
-O libro do mes está a espera de lectores.
-A celebración do centenario de Gianni Rodari toma a súa primeira forma: a do Binomio fantástico.
Coidamos que son moitas invitacións a ler este e tódolos días do ano.
- SAMAÍN
- MAGOSTO
MAGOSTO
repositorio sen clasificar de varios recursos para o magosto. Témolo tamén nunha pestana do blog.
- MES DA CIENCIA
MES DA CIENCIA
Iniciamos o noso PDI deste curso coa compaña do Mes da Ciencia.
O manifesto desta nova celebración está feito por Xurxo Mariño, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
- DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Dende esta semana ata fin de trimestre podemos abordar este tema nas aulas coa perspectiva da COVID 19. Traballaremos tamén nun cambio de perspecitiva a favor da coeducación e contra os estereotipos.
O debate centrarase na relación CORONAVIRUS-VIOLENCIA DE XÉNERO
A figura a traballar será a de Concepción Arenal
O libro recomendado A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Unha mochiliña temática e recursos adaptados completarán o traballo
Coronavirus e vioiencia de xénero. Aprendendo en igualdade: Concepción Arenal
- NADAL
NADAL
O traballo no Nadal centrarase na temática da época.
O libro recomendado do mes é O planeta das árbores de Nadal de Gianni Rodari.
A hipótese fantástica será o recurso creativo traballado. Mirade no curso "As cousas do primeiro trimestre"
- CENTENARIO RODARI
- DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ
Estas dúas semanas ata o 5 de febreiro estaremos traballando contidos arredor da paz e as emocións xurdidas na pandemia. Consultade no curso Cousas do 2º Trimestre os recursos e actividades propostas.
O libro recomendado do mes é De que cor son os bicos?.
Podedes pedilo en préstamo para a vosa aulas seguindo a súa viaxe no calendario enviado.
- VELAÍ VEN O ENTROIDO
VELAÍ VEN O ENTROIDO
O Entroido xa está aquí. Ímolo vivir dun xeito distinto pero igualmente divertido. Atentos que nos imos converter nos máis importantes HEROES E HEROINAS DA PANDEMIA!
O noso Meco mandarico é VIRUXIÑO.
ATENDE A CUMPLIR OS MEUS MANDADOS
CONSULTA OS RECURSOS NO CURSO DA BIBLIO 2º TRIMESTRE
- DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021
O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Ilustración adicado a unha muller "esquecida" ata agora.
LOLITA DÍAZ BALIÑO
QUEN FOI?
COÑECE O QUE OPINAN DELA TRES ILUSTRADORAS DE HOXENDÍA
- 24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
consultade os recursos no curso do 2º trimestre e no blog fonte dos frades
-“Un libro e unha flor”.
Trátase de facer flores, en papel ou outra manualidade, na aula en homenaxe a Rosalía. Podemos facer flores soltas e fotografiarnos xunto a un libro ou debuxo de Rosalía; ou pegalas nunha tarxetiña que se poida abrir, acompañándoa dunhas palabras ou versos de Rosalía.-“A música dos seus poemas”.
Escoita activa nas aulas de poemas musicados de Rosalía. (Uxía, Amancio Prada,...).
Podemos escoitar os poemas propostos ou escoller outros con outros cantantes.
Trátase de facer un debuxo ilustrando o poema que escoitedes e escribir algúns versos (ou o poema enteiro). Tamén poderíades ilustrar un poema que fale de música e cultura tradicional (gaiteiros, festas,...)
A maiores podedes:
1/ gravar un vídeo curto musicando un poema de Rosalía (é dicir, lendo o poema e poñendo música de fondo)
2/ facer unha coreografía a partir dunha das propostas
3/f acer a vosa propia versión lendo, cantando, rapeando
4/ facer unha presentación de diapositivas.
- 8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.SEMANA DA PRENSA
8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.SEMANA DA PRENSA
Consultade no curso da biblio Cousas do 2º trimestre os recursos dispoñibles.
PROPOSTAS DE TRABALLO
caderno de “científicas” especialmente virólogas e outras investigadoras e técnicas (médicas, enfermeiras, epidemiólogas, farmacéuticas,...) relacionadas cos temas pandémicos. Podedes traballar sobre unha (ou varias) das mulleres que aparecen nos recursos ou outras que poidades coñecer vós facendo unha ficha ou traballiño en papel ou dixital co seu nome, foto ou debuxo, nacionalidade, época de vida, especialidade na que traballa ou traballou e logros polos que as coñecemos.
Se alguén quere presentar a científica nun vídeo gravado polos nenos e nenas, tamén podedes.
Imos ter un documento de "lecturas para pensar": "Cientifícas: cociñan, limpan, gañan o premio Nobel e ninguén se entera". co que podemos animar un debate nas aulas promovendo a expresión oral en galego.
PROPOSTAS SEMANA DA PRENSA1/Procurar novas na rede sobre a propia pandemia ao longo deste ano. Podedes analizar e comentar unha nova illada ou facer entre todos unha pequena liña de tempo con tódolos acontecementos.
2/Procurar novas sobre a muller e como repercutiu na súa vida a pandemia. Como repercute na igualdade, a violencia contra ela ou mesmo nas reivindicacións destes días.
3/Podedes recoller novas de prensa sobre mulleres galegas destacadas nas distintas áreas
4/ Procurar novas sobre o efecto da pandemia no cambio climático. Os pasos que se deron para atrás neste eido.
5/Podedes aproveitar a pescuda sobre as científicas para analizar como repercutiu este traballo na evolución da situación sanitaria (tema vacinas) e como a ciencia está condicionando as decisións políticas. Podedes xuntar todo co traballo das científicas para que vaia no mesmo “pack”.
-Podedes participar na actividade “A nova da semana” comentando en audio ou por escrito unha nova de calquera tema que vos chame a atención durante estas semanas.Algúns temas de interese poderían ser “Electrodomésticos e Igualdade”. “Asia na prensa”, “Xogos Olímpicos”. “Xacobeo2021”).
- DÍA DA POESÍA
DÍA DA POESÍA
Do 22 ao 26 de marzo celebramos o Día da Poesía coa nosa tradicional solta de poemas. Desta volta é unha solta dixital obrigados pola evolución da pandemia.
Entrade no muro dixital e nos caixóns do curso da biblio no 2º trimestre e compartide as vosas creacións poéticas
- 1 DE ABRIL.DÍA DAS ARTES GALEGAS
1 DE ABRIL.DÍA DAS ARTES GALEGAS
Domingo de Andrade é recoñecido neste dous anos de pandemia como importante expoñente da arte galega. Achégate e coñéceo.
Propómosvos a tódalas aulas e os nenos e nenas que queirades un reto artístico. Copiade o debuxo da torre coa técnica que queirades e enviádenolo. E se queredes inventar un relato curto ou longo que se desenvolva arredor da torre...adiante!
Entrade no cousas da biblio 3º trimestre para deixalo alí ou dádello á profe!
- DÍA DO LIBRO INFANTIL E DÍA DO AUTISMO
DÍA DO LIBRO INFANTIL E DÍA DO AUTISMO
Vede a nosa publicación no blog de biblioteca e escoitade alí o conto suxerido. "Mi amigo extraterrestre"
- 23 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO LIBRO
23 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO LIBRO
"Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas; entre as dedas, un formigo..." "Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas"
Estas dúas frases forman parte do manifesto escrito por Elvira Ribeiro para a conmemoración do Día Mundial do libro, promocionado dende a Cosellería de Cultura, educación e universidade.
- MES DAS LETRAS GALEGAS
MES DAS LETRAS GALEGAS
Consulta no curso de biblioteca do 3º trimestre tódalas actividades e recursos arredor de Xela Arias