• DIA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

    • Rematamos celebrando estes días tan importantes para o noso proxecto deste curso.


      Facémolo cun expositor que invita á reflexión. Pasade pola biblio e navegade nos libros.

      Presentamos tamén  ós ECOACTORES! Quen son os ecoactores?
      Son os que pasan do pensamento a ACCIÓN! 
      Nós neste curso temos aprendido moitas cousas sobre alimentación sa (peixes, mariscos,  frescos ou en conserva, con pan de bocata ou empanadas,...
      Aprendemos sobre sostibilidade na pesca e no agro (artes de pesca, hábitos sostibles no mercado e na alimentación, consumo responsable, pesca sostible e agro ecolóxico
       coñecemos a diversidade mariña e pequeira  de primeira man e sementamos na horta  con aforro de auga, abono e coidados naturais
      Aprendemos a reciclar e a reutilizar nos nosos traballos plásticos e reflexionamos sobre o noso papel nos cambios que precisa o planeta
      Os ecoactores  que se agachan nos libros da biblio tráennos dúas mensaxes!

      Pétala contoulle as súas amigas que a casa da chuvia estaba en poder dun dragon terrible que botaba lume pola boca.TIÑAN QUE FACER ALGO!

      Pétala - OQO


      Pétala fálanos da SECA un dos problemas máis graves que ten hoxe o planeta. Pero nós podemos axudar coas nosas ACCIÓNS

      Esa noite cando marchou para cama, Pétala tivo unha idea...Foi a casa da chuvia e levou o seu espello ..

      PENSA! QUE PODES FACER TI? ESCRÍBEO  NUN POSIT E TRÁEO Á BIBLIO



      PEP BRUNO&luciano lozano Pétala 


      FunámbulusTovar, Àlex. FUNÀMBULUS. Fragmenta, 2015. | Ilustración de libros para ... É o outro ecoactor que vos presentamos.

      Basta con tirar dun fio!...e camiñar

      álex tóvaro Funámbulus


      Temos que tender pontes e ir paso a paso solucionando os problemas e facer un camiño mellor para nós e o noso planeta.
      Propómosvos un reto. Facer unha ponte pola que poida camiñar o noso equilibrista

      Vide a aula stem e cos materiais que temos botellas, corchos, vasos, bandexas, redes, pauciños, tapóns, plastilina...deseñade a vosa ponte ou o voso camiño. 

      Teredes que construir tamén o equilibrista para poder probar como funciona.