• EN MAIO E ABRIL, LECTURAS E ESCRITAS MIL

    Participa como aula e como familia no noso obradoiro de escrita

    • PROPOSTAS A CARÓN DOS "LIBRO DO MES"E OUTRAS LECTURAS

      Este é un mes cheiño de propostas lectoras e escritoras nas que recuperamos moitos dos "libro do mes" e outras lecturas que protagonizaron este curso e dámoslle unha voltiña literaria

      Reciclamos lecturas! 

      Adicádelle uns minutiños a lélas e escollede a que prefirades. Podedes facelo na aula cos compañeiros ou atrevervos vós soiños!

      TRAEDE O VOSO RELATO Á BIBLIO OU DÁDELLO Á PROFE. ESTAMOS DESEXANDO COÑECER AS VOSAS EMOCIÓNS E HISTORIAS.        Comezamos...

      O NOSO MURAL

      CANDO LEO | EVA MEJUTO | Casa del Libro

      Gozade do placer da lectura con CANDO LEO de Eva mejuto. Atoparédelo no noso recuncho do libro do mes. 

      Pasade pola biblio e ollade o noso novo mural decorativo. Que vos suxire? 

      Temos dúas propostas:

      1/ Escribide un relato curto ou longo no que nos faledes do que vós sentides cando ledes un libro que vos engancha.

      2/ Deixádevos levar polo azul do noso ceo e do noso mar e imaxinade a historia que está a fuxir dese gran libro de contos. 


    • COCIÑANDO CONTOS

      "Contos por metades"

      Escolle dous contos  e mestura o principio dun co final doutro. Mantén os personaxes principais. No medio podes inventar ti o que queiras. Escríbeo nun papel e ilústrao, vén lelo á radio ou monta un kamishibai cos teus compañeiros e cóntanolo na biblio.

      Podes escoller ti ou aproveitar as nosas escollas:

      brancaneves e os 77 ananiños-davide cali-9788491212669Anaya Infantil y juvenilNadarín | MiniGranadaO peixe arcodavella Kalandraka Libros El faro de los tres mundosA HORTA DE SIMON - LA NUEVA BIBLOS, S.L.Pin page

      Queres outra idea? Escolle dous personaxes de violeta Monreal, un ser fantástico de terra e outro de mar. Lé a súa historia e características e monta ti unha relato con eles.

      SERES FANTASTICOS (EBOOK) - VIOLETA MONREAL ANA ALCOLEA - EB9788469875766

    • PÁSASME A RECEITA?

      Nos libros de contos agáchanse moitas receitas. Imos procuralas!!

      Ingredientes

      Os contos propostos ou outros que ti queiras. Podes procurar só unha receita ou facer un libro con varias das que atopes. 

      Maruxa - OQOUN RICO PASTEL, de christian voltz | Comprar librosopa de nada-rashin kheiriyeh-9788498712254o coelliño branco-9788413431147

      Tamén podes procurar a receita da que nos falan e escribir a da túa familia

      cocorico (galego)-marisa nuñez-9788498711561a casa da mosca chosca-eva maria mejuto rial-9788484641551tio lobo-xose anton ballesteros rei-9788484640424

      Paso a paso:

      1/ Relé o conto procurando a receita que agacha

      2/ Cópiaa nun papel ou cartolina

      3/Decóraa  como ti queiras

      4/ Tráea á biblioteca. Tamén podes lela na radio

      5/ Compón o teu libro personalizado xuntando varias receitas diferentes

      Os máis pequenos podedes facer un debuxo da receita ou copiar a orde de ingredientes sans que se agachan  nestes contos.

      sopa verde-angela madeira-9788498714746gaivota gourmet-9788411100748a eiruguiña comellona (50 aniversario) (galego)-eric carle-9788417074753

    • PROPOSTAS STEM

      Historias con legos

      Ide a aula Stem e xogade cos legos e o muro de lego a contar historias relacionadas co mar. Facede os personaxes e escenas coas pezas que temos, engadide outros elementos que queirades e contádenos a historia gravándoa coa tablet . Podédesvos axudar dos peixes que nos agasallaron os mouchiños ou outros elementos que traiades da casa ou da aula.

      Historias con pelos 

      Coñecedes a Nicomedes?

      Nicomedes o peladoLede o conto e continuade a historia engadindo polo menos unha cousa máis que  poida poñer na cabeza e o que vai pasar cando o faga. Facede unha foto e escribide ou gravade a historia co voso elemento.

      Temos unha mochiliña especial para traballar este conto. Nela atoparedes unhas láminas do conto e imanes cos que poderedes xogar. Podedes debuxar o que queirades e pegarlle un imán ou podedes idear o que pasa poñendo os imáns que temos. Vai ser moi divertido!!