• MUDÁMO-LA MERENDA?

    Os vindeiros xoves e venres 13 e 14 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º pasarán polas aulas na hora de ler a contárno-lo conto Gaivota Gourmet do hematocrítico. Temos 3 exemplares do libro na biblioteca.

    GAIVOTA GOURMET | EL HEMATOCRITICO | Casa del Libro

    Que podemos facer ademáis dos debates na aula sobre o problema da gaivota?

    Actividades e recursos de apoio ó traballo de merenda saudabel

    1ª ACTIVIDADE: COÑECEMOS A PIRÁMIDE ALIMENTARIA. TRABALLAMOS OS ALIMENTOS SANOS E XOGAMOS A COLOCALOS NA PIRÁMIDE. 

    Deixo uns imprimibles para o xogo. Hai unha pirámide xa imprimida e alimentos . Tamén hai un cociñeiro plastificado cos alimentos para xogar.

    IMPRIMIBLES

    2º/ PODEMOS FACER UN FRIGORÍFICO OU UN CARRIÑO DA COMPRA EN MATERIAL RECICLADO PARA XOGAR COS ALIMENTOS. OS DA FOTO FIXÉRONOS CON TETRABRICKS. O DEBUXO DA NEVEIRA PODEMOS IMPRIMILO EN GRANDE OU PEQUENO E PEGALO NUN CARTÓN.