• VÍDEOPRESENTACIÓN COLABORATIVA DE FORMACIÓN DE USUARIOS. DÍA DAS BIBLIOTECAS

    Como actividade voluntaria de formación de usuarios  propómosvos como o ano pasado facer un mural ou vídeo no que nos s expliquedes como facedes (xeito, rutinas e normas) unha actividade de biblio... pode ser o préstamo, a organización da lectura na hora de ler, as pescudas documentais, a elaboración de carteis para as propostas do PDI, os contacontos na aula ou compartidos, xogos lectores, explicación de manexo seguro na internet, circulación na biblio. Hai moitas posibilidades diferentes. Escribide un guión, preparade as escenas e gravade o vídeo.

    Se vos animades tamén sería moi interesante que explicárades a todo o mundo (mesmo se mudastes de profe e non coñece a historia) como fixestes o voso mouchiño o curso pasado e o que aprendestes sobre el.

    Esta actividade estará aberta todo o curso. Daquela animádevos!!