• PROPOSTAS PARA O DÍA DE ROSALÍA

    SEMENTANDO PENSAMENTOS


    • Temos a imaxe montada en doc e  tamén o jpg solto. O tamaño hai que axustalo a un A4  para o cartel que imos pór na plantación. Podemos escribir palabras/versos nos pétalos e se queredes o poema completo na parte de atrás da folla.

      Para quen faga as macetas individuais haberá que axustar o tamaño á maceta a facer. Aquí deixamos unhas  ideas de manualidades con reciclaxe.


      Nas oveiras sustituiremos as pinzas por pauciños coa Rosalía pegada. Tamén podemos darlle a volta á oveira e facer unha maceta máis grande.