-
PROPOSTAS PARA O 25 DE NOVEMBRO
Son dúas as lecturas que propomos para que servan de base ao debate neste traballo arredor da violencia contra as mulleres. Medo e empatía, tamén son dúas as emocións das que imos falar e que nos axudarán a coñecernos mellor e a poñernos na pel dos outros e outras. ¿QUE MIEDO TE GUSTARÍA VENCER? de Violeta Monreal e YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI de Santi Balmes.
PREME NAS IMAXES PARA LER OS CONTOS
-
PROPOSTAS DE TRABALLO:
-DEBATE SOBRE OS NOSOS MEDOS. CADAQUEN PODE EXPOÑER O SEU MEDO DO MESMO XEITO QUE O FIXERON ESTES NENOS. ENTRE TODOS PODEMOS APORTAR SOLUCIÓNS AOS MEDOS DE CADA UN. O LIBRO REMATA COA HISTORIA DUN NENO QUE NON LLE TEN MEDO A NADA. É POSIBLE ISO? QUE OPINADES VÓS?
Facede un faladoiro no que os nenos e nenas falen dos seus medos e describan o que senten, intentando relacionalos cunha forma xeométrica. Que forma ten o meu medo?. Podería ser un circulo? Que representaría ese circulo? Un pozo? Un ollo? Podedes aproveitar a facer podcast con esta temática ou gravar en vídeo.
OUTRAS PROPOSTAS PARA DESPOIS DO DEBATE:
- Facer un debuxo do seu medo no que poden aparecer as formas xeométricas.
- Representar o seu medo con técnicas de rasgado e troceado de papel como fai Violeta Monreal, a autora.
-Inventar un monstro ou obxecto que represente ese medo e presentar ou facer só a metade, traballando a simetría. Pódese facer debuxando e cortando pola metade e pegando noutra folla; con pintura estampando a metade que falta; con plastilina, con pezas de contrución, configurando a forma do medo con bloques lóxicos e outros elementos, debuxando a figura nunha cuadrícula ...
-Escribir en texto a nosa propia historia e a solución nun cartel do tamaño que desexedes, seguindo o formato que propón o libro de Violeta Monreal.
-
Despois do debate sobre os medos e as solucións das que se falan no conto deberemos pensar unha frase que exprese a empatía e o apoio que lle dariamos a unha persoa ou muller que nos conta o seu medo, o mesmo que fan no conto con esa frase de “Yo mataré monstruos por ti”. Podemos facer un cartel (ou varios) entre todos ilustrando esas frases, gravalas en vídeo ou aproveitar para gravalas en podcast .
-