• PROPOSTAS DE TRABALLO DÍA DAS ESCRITORAS

    Deixamos aquí as primeiras propostas deste curso para  LER, XOGAR E PENSAR. 

    Son 4 propostas que se poden facer coa profe na aula ou participar individualmente dende casa

    As aulas e/ou os nenos participantes gañaran as súas insignias PARA OS LECTORES MÁIS ATREVIDOS. Escollede unha proposta e animádevos!
    • VAI DE CASAS...!

      Paula Carballeira e Concha Blanco escribiron dúas historias arredor de CASAS. Tócanos a nós a ver como as describen e imaxinar como son. Pescuda nos libros A casa de cartón de Concha Blanco e A casa redonda de Paula CArballeira cómo son e axúdanos a darlle forma!


      Se precisas os libros e non os tes aínda na aula fala coa túa profe!


    • VAI DE MEDOS DE NAIS E FILLOS...!

      Mateo -  - 9788484640172

      Mateo está asustado...ou é a súa nai a asustada? Que farías ti no seu lugar? 

      Podes contarnos nun relato curto como seguirías ti a historia a partir do momento no que Mateo dase de conta de que perdeu a súa nai!. 

      Se non queres escribir, tamén poderías debuxar ti esa parte da historia!. Como resolverías o problema de Mateo? Esplícao cun debuxo.

      Pero, se o prefires, tamén podes poñerte na pel do ilustrador Pablo Otero e imaxinar ti a Mateo e a súa nai. Como os debuxarías ti?  Que pinta lles porías?. Fai o teu debuxo e ilústrao.

       Escolle a opción que queiras... a non ser que te atrevas a facelas todas!
      Envía todo a este caixón. Se non es quen, fala coa profe!
      Se participas dende casa podes envialo tamén  a parrococamilo@gmail.com



    • Estes son os textos que tedes que procurar. Podedes facer a busca do texto que queirades ou de todos se vos animades.

      TEXTO NÚMERO 1 

      “…SE NON FOSE QUE ENTRE A NÉBOA APARECEU, ALEGRE E BRINCADEIRO, UN SALAIO LARANXA A RITMO DE CHACHACHÁ.”

      TEXTO NÚMERO 2

      -"DAQUELA HABERÁ VARIAS ESPECIES DE BRUXAS, COMO PASA COAS BOLBORETAS- DUBIDOU CUQUI"

      TEXTO NÚMERO 3

      -"COUSAS DO MEU INVENTOR. MELLOR DITO ERROS DO MEU INVENTOR. QUIXO FACER DE MIN UN RELOXO-CUCO SEN PAXARO E SAÍNLLE UN RELOXO-CAMPÁ SEN BADALO".

      TEXTO NÚMERO 4

      ALGO SÍ XA SABEDES DE MIN LOGO DE LERDES ESTE LIBRO, QUE ME GUSTA INVENTAR ADIVIÑAS.

      TEXTO NÚMERO 5

      "PERO O MEU PAI NON LLE GUSTABAN OS CONTOS, PREFERÍA FALARME DAS PAISAXES,DAS XENTES, DO GRANDE QUE ERA O MUNDO"