Esquema de temas
-
-
Propómosvos a tódalas aulas e os nenos e nenas que queirades un reto artístico. Copiade o debuxo da torre coa técnica que queirades e enviádenolo. E se queredes inventar un relato curto ou longo que se desenvolva arredor da torre...adiante!
-
RETO DA TORRE DOS NENOS DE 4 ANOS
-
-
Información para a 2º parte do PDI nos seguintes enlaces. Ao longo da semana seguiremos subindo recursos.
-
RETO STEM. MES DO LIBRO
Partimos da lectura dos Libros do mes recomendados para abril e maio:
AQUILINO PINTA UNHA NUBE E UN CAMALEÓN E MINIMALADAS do tandem escritor-ilustrador Pinto& Chinto.
Imos construir un libro colaborativo e acumulativo (entre todos) cun "collage" personalizado en catro pasos.
Collage:
PASO 1: Eleximos unha imaxe dunha paisaxe de Asia. Imprimímola ou copiámola e coloreámola. Pode ocupar toda a folla ou só un cacho.
PASO 2: Observamos as nubes imaxinando unha forma que representen e debuxámola. Pegámola na composición da foto.
PASO 3: Imaxinamos o insecto ou bichiño que nós pintariamos nun cadro. Pintámolo e pegámolo tamén coa técnica que queiramos.
PASO 4: Escribimos nunha tira de papel a frase... "(o noso nome se queremos ou outro inventando) ...pinta un/unha...(escribimos o nome da forma que inventamos da nube)... e un/unha... (o bichiño feito)." Por exemplo se á nosa nube mirámoslle forma de reloxio e escollemos facer unha bolboreta teremos que escribir "Pilar pinta un reloxío e unha bolboreta".
Así irase compoñendo o texto acumulativo.
O traballo xa está listo para entregar, pero se alguén quere pode engadir nunha folla distinta da do collage un pequeno texto contando catro cousiñas, reales ou inventadas do bicho elexido. É dicir que tanto podedes poñer datos científicos, coma inventar unha pequena historia co bichiño.
-
Envía aquí a túa aportación para o "collage" viaxeiro.
-
-
Podedes participar no foro ou enviarnos algo no apartado de suxestións. Tamén podedes participar nos dous sitios.
-
Dinos o título dun libro que che gustou. Tamén podes comentarnos algo sobre el.
-
-
-
Serie de vídeos que van ser subidos aos poucos coas palabras que definen a autora
-
Escolle palabras do conto referidas á natureza e elabora tarxetiñas (vale nun folio) co seu debuxo e o nome. Con todas comporemos un caderno de vocabulario de termos galegos.
Inclúe se podes a definición.
-
AS AULAS XA DISPOÑEN DOS MODELOS
-
Podedes enviar por aqui os audios ou vídeos coa lectura oral dos relatos de Xela
NO BLOG FONTE DOS FRADES TEDES XA O AUDIO QUE GRAVOU TERCEIRO DE PRIMARIA E MAILOS QUE GRAVARON EN 4º DE PRIMARIA
-
Envía aquí as túas palabras proposta que leven a letra X. Inclúe se podes unha imaxe e pon a definición.
-
Envía aquí a foto ou un texto cos títulos para MACEDONIA DE TÍTULOS. Os dos cursos de infantil 1º e 2º podedes darllo a profe ou envialo a parrococamilo@gmail.com
-
Pídenos estes contiños en préstamo e tamén o de DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS.
-
Os aparellos que nos fan doada a vida diaria mesmo poderían axudarnos a salvar o planeta. Lede e mirade o que lle pasou a ZIP.
Zip era unha aspiradora que non soportaba a idea de estar simplemente programada para aspirar. Cando á casa chegou a súa compañeira K-38, último modelo en aspira-doras robóticas, Zip quedou esquecida no faiado, logo guindada ao vertedeiro, xunto a outros moitos electrodomésticos. Todo mudará para Zip cando a recolla Sabela e a leve para a súa casa para convertela nunha aspironeta. Entón, comezará para Zip unha nova vida dedicándose a carrexar as nubes dun lugar a outro para compensar os efectos da choiva
-
Imos traballar a historia e a imaxe.
Podes ler o conto e e nterarte ben da súa historia ou podes simplemente ler a contraportada e inventar unha historia que lle puidera suceder a Zip.Fai un debuxo e escribe un pequeno texto contándonolo
Tamén podes deseñar ti outro cacharro que acompañe a Zip nas súas aventuras e axude a mellorar a vida no planeta. deixándoo libre do cambio climático e dos virus e pandemias.
Se che apetece podes ser ti o protagonista do conto e inventar ese cacharro que che vai ser tan útil na túa misión.
-
-
-
Falade na aula e na familia de como mellorou o planeta durante a pandemia a nivel de cambio climático. Que poderemos facer para vivir e ser felices e, ao tempo, coidalo? Como imos protexer os bosques e os oceános?
-