try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

25.11.20: O POZO DAS SEÑORAS NO LICEO MARITIMO DE RIBEIRA

Estimadas familias:

Dende a ANPA de Palmeira, dentro do programa subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade coas axudas dirixidas ás asociación de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, ten a satisfacción de anunciar a actuación: O POZO DAS SEÑORAS  que terá lugar no Liceo Marítimo de Ribeira o vindeiro 25 de novembro ás 18:30h, dirixido a toda a comunidade en conmemoración do día contra a violencia de xénero.

Esta actividade require inscrición previa no email: normalizacion@ribeira.gal onde deberedes deixar o nome dos asistentes e un telefono de contacto.O aforo é limitado.

Recordamos que para facer cumprimento do Protocolo COVID será necesario levar máscara, hixienizar as mans á entrada e procurar manter a distancia de seguridade. 

A Xunta Directiva da ANPA