try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

DATAS DE INICIO DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 está organizada a volta ás aulas como segue:

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 5º de educación infantil  (4 anos), 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

O alumnado de 4º de Ed. Infantil (3 anos) terá un Plan de Adaptación durante o mes de setembro.

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Infantil (4 e 5 anos) tamén contará cun Plan de adaptación do 10 ao 18 de setembro.

O horario será de 9-14h.

No caso  que haxa algún cambio, notificarémolo.

A Dirección.