try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

NORMATIVA REGULADORA DA ENTRADA DE MASCOTAS NO RECINTO ESCOLAR

AVISO IMPORTANTE!

NORMATIVA REGULADORA DA ENTRADA DE MASCOTAS NO RECINTO ESCOLAR

Infórmase para o coñecemento de toda a comunidade educativa que en sesion de claustro e Consello escolar na que se REGULA A ENTRADA DE MASCOTAS NO RECINTO E EDIFICIO DO CENTRO EDUCATIVO determinou que 

PROHIBICIÓN EXPRESA DE ENTRADA NO RECINTO ESCOLAR E NO EDIFICIO DO CENTRO EDUCATIVO

1. O obxectivo desta regulación neste NOFC é : Garantir o cumprimento da Lei de Protección Animal LEI 7/2023, DO 28 DE MARZO, DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS E BENESTAR DOS ANIMAIS atendendo ao Artigo 29.3: “Acceso con animais de compañía a medios de transporte, establecementos e espazos públicos” que expresa: “Salvo prohibición expresa, debidamente sinalizada e visible dende o exterior, permitirase o acceso de animais de compañía a edificios e dependencias públicas”. O obxectivo desta norma é promover un ambiente seguro e axeitado para o aprendizaxe no centro educativo ao prohibir a entrada de mascotas no recinto escolar durante o horario escolar e actividades relacionadas tendo en conta que os seguintes aspectos:

1.Se definen como mascotas: cans, gatos e calquera outro animal de compañía, segundo o establece a Lei de Protección Animal.

2.Queda estritamente prohibida a entrada de mascotas no recinto escolar en todo momento, incluíndo o horario escolar regular, eventos, actividades extracurriculares/ extraescolares e calquera outra ocasión relacionada co centro educativo. Esta prohibición aplícase tanto a estudantes como a pais, titores, visitantes e calquera outra persoa que se atope no recinto escolar.

3.Esta prohibición fundaméntase na Lei de Protección Animal LEI 7/2023, DO 28 DE MARZO, DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS E BENESTAR DOS ANIMAIS e ten como obxectivo asegurar o respecto aos dereitos dos animais e o seu benestar, así como a seguridade e comodidade de todos os membros da comunidade escolar.

4.Permitiranse excepcións a esta prohibición no caso de cans de servizo debidamente adestrados que asisten a persoas con discapacidade, en cumprimento coas disposicións da Lei de Protección Animal ou en aquelas actividades programadas polo centro en prol dunha educación que fomente o coidado dos animais e as boas practicas.

5.Permitiranse excepcións a esta prohibición en situacións excepcionais e debidamente xustificadas, previa autorización por parte da dirección do colexio, Claustro e consello escolar.. Estas excepcións poderían incluír visitas programadas con fins educativos ou terapéuticos baixo a supervisión de persoal autorizado.

6.O persoal do centro educativo estará encargado de facer cumprir esta prohibición e tomará as medidas necesarias para garantir a súa aplicación de acordo coa lexislación vixente.

7.Finalmente, Estas normas serán revisadas periodicamente para asegurarse de que sigan sendo apropiadas e efectivas no contexto do centro educativo e en cumprimento coas leis vixentes de protección animal.

 A entrada en vigor será o  4 de outubro do 2023

Atentamente , A Dirección.