try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

01-20 DE MARZO 2024: PRAZO ADMISIÓN 2024-2025

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DO

1 AO 20 MARZO DO 2024

Estimadas familias: 

Informamos que dende o 1 ao 20 de marzo do 2024 estará aberto o período de admisión do curso escolar 2024-2025 para o novo alumnado dende 4º Ed. Infantil a 6º de Ed. Primaria.

As VACANTES DE CENTRO PARA O CURSO 2024-2025 dispoñibles son as seguintes:

  • 4º Ed. Infantil:20
  • 5º Ed. Infantil:0
  • 6º Ed. Infantil :2
  • 1º Ed. Primaria:17
  • 2º Ed. Primaria:2
  • 3º Ed. Primaria:3
  • 4º Ed. Primaria:0
  • 5º Ed. Primaria:2
  • 6º Ed. Primaria:0

Por este motivo, segundo o Decreto 13/2022  e Orde do 21/2022 polo que regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos  será necesario ter en conta a presentacion do seguinte:

  1. Solicitude segundo o Anexo II da Orde e Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora). No caso que desexen facer esta solicitude por Sede Electrónica poderán acceder a través:
  1. Documento acreditativo da representación.
  2. Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
    1. En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. 
    2. Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
    3. Lugar de traballo (por conta allea): contrato de traballo no que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión. 
    4. Lugar de traballo (por conta propia): certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo do centro de traballo, ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigada a estar de alta no dito censo.
    5. Lugar de traballo (administracións públicas): certificado da unidade de persoal no que conste o enderezo do centro de traballo.
    6. Libro de familia ou certificación de parto múltiple.
    7. Se procede:
      1. Documentación xustificativa da condición de familia monoparental.
      2. Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
      3. Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
      4. Certificado como vítima de terrorismo (Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo).

Para mais informacion ou dúbidas poden consultar este manual destinado ás familiasSaúdos, a Dirección.