Skip to Content

Novas

MECO. XOVES

 

Esta é a orde do meco para o xoves.

XORNADA PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro mércores 24 de febreiro as 15.45 horas celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións do centro a aquelas familias que puidesen estar interesadas en matricular aos seus fillos o vindeiro curso académico no grupo de 3 anos.

 

Por motivos organizativos, agradeceríamos que todas aquelas familias interesadas chamen ós teléfonos 881 88 09 08 - 881 88 09 10  para reservar a súa praza.

 

Adxuntamos breve tríptico explicativo do centro en documentos adxuntos.

 

Un saúdo.

CANDIDATURAS PAIS CONSELLO ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

Lembrámosvos que o prazo de presentación de candidaturas para entrar a formar parte do Consello Escolar dentro do estamento de pais e nais finaliza o vindeiro venres 12 de novembro ás 15.30 horas.

 

Un saúdo

ESCOLA DE NAIS E PAIS CONCELLO DE BETANZOS

 

Estimadas familias:

 

Adxuntamos información acerca do comezo da escola de nais e pais organizado polo concello de Betanzos que comezará o vindeiro martes 23 de novembro. Podedes atopar máis detalles AQUÍ.

Poderán facerse as inscricións en persoa no Edificio de Servizos Sociais de 9 a 14 horas, enviando o formulario ao enderezo electrónico updca@betanzos.net ou facendo a inscrición online neste link

 

A dirección

Venres 29 de outubro de 2021

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut