Skip to Content

Secretaría

TITORIAL PARA O PAGO DE COMEDOR A TRAVÉS DE ABALARMÓBIL

Enlazamos captura de pantalla onde podedes atopar un titorial para poder facer o pago mensual do servizo de comedor utilizando a plataforma AbalarMobil. Deste xeito evitaredes ter que ir presencialmente á vosa entidade bancaria e poderedes facelo telemáticamente.

 

Un saúdo

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021- 2022

Queridas familias:

Remata o prazo para a admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 21- 22 informamos que todas as solicitudes de todos os cursos presentadas foron admitidas obtendo praza no noso centro.

As listaxes serán publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro.

 

Un saúdo.

 

A dirección

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO 2021

 

MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Debido á situación que estamos a vivir, recomendamos a presentación a través da aplicación da Xunta de xestión das solicitudes de admisión:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Nesa enlace deberán seguir a ruta: SOLICITUDES- ADMISIÓN- CREAR. Unha vez feito isto pódese optar por:

- Imprimir o formulario e achegalo ao centro educativo no que queiran solicitar praza coma PRIMEIRA OPCIÓN.

- Se dispoñen do certificado dixital ou ben Chave365, poden presentalo directamente na Sede Electrónica que permite a propia aplicación.

 (VER ARQUIVO ANEXO DE COMO CUBRIR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA FACELO DE XEITO CORRECTO)

O emprego desta aplicación, con calquera das dúas opcións, permite ás familias consultar o estado da tramitación das solicitudes na mesma aplicaión utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:30h a 14:30h para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, sendo necesarios os seguintes requisitos:

- Imprescindible solicitar cita previa,  mediante email  ceip.oza.rios@edu.xunta.es ou no teléfono 881880910-0881880908.

-Para axilizar os trámites rogamos que veña todo xa cuberto e revisado (VER ARQUIVO DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN)

- Só poderá acudir unha persoa por alumno/a solicitante.

- Uso de xel desinfactante (a disposición para as familias na entrada/saída do centro)

- 1 bolígrafo por si houbera que correxir erros na solicitude.

A solicitude  deberá vir asinada por un dos dous proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio, aportando a resolución xudicial, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles.

Documentación necesaria: ver arquivo adxunto

Deberase presentar a documentación seguinte:

 

-      

CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO MUNICIPAL.

-      

FOTOCOPIA DO DNI DO NENO/A (de no telo, aportar fotocopia de todas as follas cubertas do libro de familia, xunto co orixinal)

-      

FOTOCOPIA DO DNI DOS PAIS

-      

FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OBRIGATORIAS OU CERTIFICADO MÉDICO

-      

FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO NENO/A

-      

2 FOTOS TAMAÑO CARNET

-      

CERTIFICACIÓN DO DITAME DE DISCAPACIDADE (No caso de existir algunha discapacidade igual ou superior ao 33%)

-      

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE FAMILIA NUMEROSA (De darse o caso achegar orixinal)

 

 

 

 

No caso de que algún dos documentos arriba indicados xa fosen presentados no período de adscrición ao centro,  non será necesario presentalos de novo.

  

 

 

 

COÑÉCENOS!!! MATRÍCULA CURSO 2021-2022

QUERIDAS FAMILIAS:

O vindeiro mes de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

Debido á situación excepcional que estamos a vivir este ano non poderemos facer as xornadas de portas abertas que se facían outros anos para darnos a coñecer, polo que adxuntamos (ver arquivo adxunto) a información máis relevante do noso centro.

Na web iremos colgando todas as novidades e procedemento a seguir.

Lembrade que este período de admisión é só para novos alumnos, tanto que se incorporan ao 2º ciclo de E.I.como para aqueles que cambien de centro. O alumnado que xa está matriculado neste centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

 

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

COMUNICACIÓN CASOS DA COVID-19

Comunicámoslles que no día de hoxe (22/01/2021) se confirmou un caso/gromo da Covid-19 no centro educativo , activándose o protocolo correspondente.

Un saúdo.

 

A Dirección

ADSCRIPCIÓN ALUMNADO DE 6º EP AO IES AS MARIÑAS

ADSCRIPCIÓN ALUMNADO DE 6º AO IES AS MARIÑAS

Estimadas familias:

Seguindo a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no caso do noso centro o IES AS MARIÑAS, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (o noso centro) ou a través da aplicación “ admisionalumnado” ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A), xunto co anexo bis 1 firmado por todos os membros da unidade familiar. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Aconsellamos descargalo da páxina web e traer todo ao centro correctamente cuberto para evitar aglomeracións innecesarias.

Para a presentación de forma presencial será necesario pedir cita previa ao número de teléfono 881.88.09.08

 

LEXISLACIÓN RELACIONADA

  • DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre , por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 18 de diciembre de 2020 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (código de procedimiento ED550A y ED550B).

 

VACACIÓNS DE NADAL

ESTIMADAS FAMILIAS:

 

LEMBRAMOSVOS QUE DENDE O DÍA 23 DE DECEMBRO ATA O DÍA 7 DE XANEIRO (AMBOS INCLUSIVE) TERÁN LUGAR AS VACACIÓNS DO NADAL.

MAÑÁ MARTES 22 DE DECEMBRO O HORARIO SERÁ O HABITUAL E CONTAREMOS CO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE COMO SEMPRE.

A VOLTA TERÁ LUGAR O VENRES 8 DE XANEIRO 2021.

 

DENDE O NOSO CENTRO DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!!!

AXUDAS MÁSCARAS

Queridas familias:

Según a Orde do 6 de novembro do 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en E. Primaria, E. Secundaria obrigatoria e E. Especial en centros docentes públicos, ábrese o prazo de solicitude para participar no reparto de máscaras.

As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente ás familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2018). Para participar neste reparto deberán presentar a solicitude na secretaria do centro antes do 23 de novembro do 2020.

ALUMNADO EXENTO DE PRESENTAR SOLICITUDE:

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020/2021. (Este alumnado beneficiarase automaticamente da axuda)

 

PODEDES DESCARGAR A ORDE XUNTO COS IMPRESOS NO ARQUIVO ADXUNTO.

Dia 2 novembro NON LECTIVO

O vindeiro luns dia 2 de novembro NON HABERÁ CLASE.

Vémonos o martes dia co noso horario habitual de sempre.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut