Durante o día de hoxe comezará o servizo de préstamo da biblioteca do centro. Despois duns anos de parón no uso da instalación, o centro e, nomeadamente, grazas á colaboración dos mestres que forman parte do equipo de biblioteca, decidiu darlle un pulo a través da renovación de mobiliario, pintado completo da aula (grazas á colaboración do Concello) e reorganización de fondos bibliográficos.
Os membros do claustro do CEIP Oza dos Ríos cren firmemente en que a animación á lectura e a adquisición do seu hábito favorecen enormemente ao desenvolvemento do alumnado e incremento do seu rendemento académico, polo que a mellora e uso constante da biblioteca pasa por ser un pilar fundamental do día a día no centro.