Skip to Content

Novas

APERTURA PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 24/25

Comunicámovos a apertura do prazo para realizar a solicitude de uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2024/2025. A entrega dos impresos realizarase na conserxería do centro antes do 21 de xuño para poder organizar adecuadamente todos os aspectos relativos ao comedor escolar.

Na parte inferior desta entrada atoparedes os impresos necesarios para realizar a solicitude así como aclaracións sobre como se calcula a renda para determinar a cantidade diaria a pagar.

Un saúdo

COMEDORES 24-25
ACLARACIÓNS COMEDORES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 24-25

O Concello de Oza-Cesuras ven de publicar as bases reguladoras do procedemento de admisión ás actividades extraescolares correspondentes ao vindeiro curso académico 24-25. Podedes consultar as bases e os formularios de inscrición na páxina web do concello.

APERTURA DE PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento  ED330B)

Data límite de entrega de instancias 21 de xuño, incluído.

Orde de fondo de libro

PREOCUPADOS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

Tivemos a visita por iniciativa da Casa Grande de Xanceda dunha experta en cambio climático que mostrou aos rapaces os riscos e perigos que conlevan as malas prácticas cotiás en relación á conservación da saúde do planeta e como podemos contribuír ao seu coidado e mellora.

NOVOS CAPÍTULOS DE RADIO RUMOROZA

Presentámosvos os novos capítulos de radio Rumoroza. Por unha banda, A Mosca Chosca. Os alumnos e alumnas de 2º EP cóntannos con moita graza este conto a través da nosa radio escolar. Por outra, temos A Máscara do León, onde os rapaces e rapazas de 4º EP relatan ese conto porque "a risa ten maxía, rompe máscaras e tamén se contaxia"

ENTREGA DE AXENDAS DO CONCELLO

Como xa é costume, durante esta semana a representante do concello de Oza-Cesuras Pilar Rilo fixo entrega a todo o alumnado das axendas escolares para que poidan ser empregadas durante todo o curso académico. Unha vez máis, desexamos agradecer ao concello esta achega.

 

CALENDARIO ESCOLAR

 Festivos fixados polo Consello Escolar na reunión celebrada durante o día de hoxe:

 

  • Venres 13 de outubro 2023

  • Luns 20 de maio 2024

COMEDOR ESCOLAR 23-24

 A Consellería ven de publicar no día de hoxe a instrución sobre comedores escolares vixente para o curso 23-24. Debido a tardanza coa que este ano se fixo a publicación desta circular, comezaremos a recoller as solicitudes a partir do 1 de setembro. Durante a última semana do mes de agosto recibiredes unha mensaxe Abalar para recordarvos os días nos que poderedes recoller os impresos e entregalos no centro.

 

As nais/pais ou titores legais que desexen anotarse para ser colaboradores no servizo de comedor deben enviar un correo electrónico a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

 

Podedes consultar a instrución de comedores completa premendo AQUÍ

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A listaxe definitiva de axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar foi publicada no centro durante o día de hoxe. Está situada no taboleiro de anuncios enfronte á conserxería. Os cheques serán repartidos ás persoas adxudicatarias das axudas durante hoxe venres, luns 3 e martes 4 de xullo en horario de 10h a 13.30h.

Distribuir contido


by Dr. Radut