Skip to Content

PLAN DIXITAL

 

Dentro das actuacións promovidas para o desenvolvemento das novas tecnoloxías no ámbito escolar por parte da Consellería de Educación, o consello escolar da escola vén de aprobar na reunión celebrada o 7 de setembro o Plan Dixital de centro que se estivo a elaborar durante todo o curso académico pasado. Dito plan pasa por ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo de desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

 

Un dos obxectivos deste Plan Dixital é a creación dunha pequena aula de informática da que carecía o noso centro. Veñen de ser instalados 6 equipos informáticos para uso controlado do alumnado e a intención da dirección é incrementar a dotación de equipos a curto prazo.

 

Clicando AQUÍ poderedes consultar o Plan Dixital de Centro.



page | by Dr. Radut