Skip to Content

INSTRUCIÓNS INICIO DE CURSO

Horarios de entradas:

 

Alumnado con transporte:

-Entrada: 9:20h. Unicamente os alumnos con transporte comezarán a entrar ao centro a esa hora.

 

Alumnado sen transporte:

-Entrada: 9:30h. A hora de entrada no centro para todo o alumnado que non veña en transporte escolar. NON SE PODERÁ ENTRAR CON ANTERIORIDADE A ESA HORA (unicamente se farán excepcións por mor de causas climatolóxicas)

 

Alumnado 3 anos:

O alumnado do grupo de 3 anos de Educación Infantil fará a entrada directamente na súa aula. (Parte posterior do centro pegada á Escola de Música).

No caso de familias con irmáns en outros grupos, ambos nen@s entrarán preferentemente pola entrada principal do centro.

 

AVISO IMPORTANTE

A hora de entrada é de obrigado cumprimento para todo o alumnado. Pregámosvos que sexades puntuais para un bo funcionamento e organización da actividade lectiva. Non se permitirá a entrada tarde no centro a menos que exista causa debidamente xustificada.

 

Horarios de saídas:

 

Alumnado sen transporte e sen comedor:

 

-Saída alumnado de E. Infantil14:20h.

-Saída alumnado de 1º, 2º, 3º E. Primaria14:25h. 

-Saída alumnado de 4º, 5º, 6º E. Primaria14:30h.

 

Alumnado con transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado: 15.20h

 

Alumnado sen transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado: 15:25h.

 

Alumnado LUDIOZA:

 

-Saída Ludioza (Concello):15:30h

 

Non se poderá recoller ao alumnado fora deste horario a non ser que sexa de forma puntual e debidamente xustificada, coa fin de evitar o tránsito de persoal polos corredores.

 

Outras consideracións xerais

  • Este ano ofertaranse actividades de biblioteca no mesmo centro polas tardes, como era costume, en horario de 15.30h a 16.55h.

  • O servizo Ludioza/Madrugadores xestionado polo Concello poderá ser empregado por aqueles alumnos cuxos pais ou titores xustifiquen debidamente que non poden recoller ós seus fillos por motivos laborais, favorecendo dese xeito a conciliación familiar.

  • A vía de comunicación preferente coas familias será a páxina web do centro e/ou sistema de mensaxería AbalarMobil.

  • O servizo de comedor será ofertado de modo habitual nun só turno, en horario de 14.30h a 15.20h. Preferentemente para unha maior eficiencia na xestión pregámosvos que fagades uso do pago online.Se facedes pago mediante Abalar non é necesario que entreguedes xustificante (xa nos aparece no sistema). Calquera outro sistema de pago online necesitamos que nos mandedes os xustificantes de pago ao email do centro.

  • O uso da máscara no servizo de transporte é obrigatoria para TODOS os usuarios, con excepción dos menores de 6 anos.

 

 Luns 5 de setembro de 2022

 

 

 



page | by Dr. Radut