PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO 2021
MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Debido á situación que estamos a vivir, recomendamos a presentación a través da aplicación da Xunta de xestión das solicitudes de admisión:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Nesa enlace deberán seguir a ruta: SOLICITUDES- ADMISIÓN- CREAR. Unha vez feito isto pódese optar por:
- Imprimir o formulario e achegalo ao centro educativo no que queiran solicitar praza coma PRIMEIRA OPCIÓN.
- Se dispoñen do certificado dixital ou ben Chave365, poden presentalo directamente na Sede Electrónica que permite a propia aplicación.
(VER ARQUIVO ANEXO DE COMO CUBRIR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA FACELO DE XEITO CORRECTO)
O emprego desta aplicación, con calquera das dúas opcións, permite ás familias consultar o estado da tramitación das solicitudes na mesma aplicaión utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:30h a 14:30h para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, sendo necesarios os seguintes requisitos:
- Imprescindible solicitar cita previa, mediante email ceip.oza.rios@edu.xunta.es ou no teléfono 881880910-0881880908.
-Para axilizar os trámites rogamos que veña todo xa cuberto e revisado (VER ARQUIVO DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN)
- Só poderá acudir unha persoa por alumno/a solicitante.
- Uso de xel desinfactante (a disposición para as familias na entrada/saída do centro)
- 1 bolígrafo por si houbera que correxir erros na solicitude.
A solicitude deberá vir asinada por un dos dous proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio, aportando a resolución xudicial, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles.
Documentación necesaria: ver arquivo adxunto
Deberase presentar a documentación seguinte:
-
CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO MUNICIPAL.
-
FOTOCOPIA DO DNI DO NENO/A (de no telo, aportar fotocopia de todas as follas cubertas do libro de familia, xunto co orixinal)
-
FOTOCOPIA DO DNI DOS PAIS
-
FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OBRIGATORIAS OU CERTIFICADO MÉDICO
-
FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO NENO/A
-
2 FOTOS TAMAÑO CARNET
-
CERTIFICACIÓN DO DITAME DE DISCAPACIDADE (No caso de existir algunha discapacidade igual ou superior ao 33%)
-
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE FAMILIA NUMEROSA (De darse o caso achegar orixinal)
No caso de que algún dos documentos arriba indicados xa fosen presentados no período de adscrición ao centro, non será necesario presentalos de novo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COMO CUBRIR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN.pdf | 683.94 KB |
Instruccións admisións curso 2020-2021.pdf | 593.49 KB |
SOLICITUDE DE ADMISIÓN.pdf | 175.06 KB |
documentación matrícula.doc | 27.5 KB |