QUERIDAS FAMILIAS:
O vindeiro mes de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.
Debido á situación excepcional que estamos a vivir este ano non poderemos facer as xornadas de portas abertas que se facían outros anos para darnos a coñecer, polo que adxuntamos (ver arquivo adxunto) a información máis relevante do noso centro.
Na web iremos colgando todas as novidades e procedemento a seguir.
Lembrade que este período de admisión é só para novos alumnos, tanto que se incorporan ao 2º ciclo de E.I.como para aqueles que cambien de centro. O alumnado que xa está matriculado neste centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.
LEXISLACIÓN ADMISIÓN
- DECRETO 254/2012
- ORDE DO 12 DE MARZO
- CORRECIÓN DE ERROS ORDE 12 DE MARZO
- ORDE DO 25 DE XANEIRO
- INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
presentación Cole.pdf | 1.46 MB |