Estimadas familias:
Agardamos que tod@s esteades ben e que levedes esta situación o mellor posible. Engadimos de novo máis actividades para este mes que estamos comezando e queremos lembrar que, coma as anteriores, teñen carácter voluntario. Para calquera dúbida/suxestión ou se queredes máis actividades, mandade un correo electrónico a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal, indicando en asunto "para educación infantil".
A continuación, e seguindo esta orde, propuxemos actividades para...
- A celebración da festa dos Maios
- Traballar a psicomotricidade
- Conmemorar o día da familia (15 de maio)
- Enlace a recursos que ofrece a editorial Anaya
Esperamos que vos resulten útiles .
Mandámosvos bicos e apertas para tod@s os nen@s e as familias.