O día 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias dende o ano 1993. A ONU considera que a familia é a unidade básica da vida social, tendo en conta que existen moitos modelos e formas de familia. Propoñemos a continuación unhas actividades para conmemorar esta data:
- · Conto: “La familia Numerozzi”: https://www.youtube.com/watch?v=3T9EkQ4FPic
- · Debuxo: debuxa a túa familia nun folio co título: “Eu cos que quero e me queren”
- · Cociñar en familia: podedes pasar un bo rato toda a familia preparando algún destes ricos pratos a base de froitas.
o https://www.pequeocio.com/recetas-ninos-fruta-divertida/
- · Manualidades en familia: se tedes unha caixa de cartón que non vaiades a utilizar, neste vídeo hai moitas ideas divertidas para crear xuntos.
o https://www.youtube.com/watch?v=Ny8P0-H-JhA
- · Xogar en familia: a continuación tedes un enlace a xogos para toda a familia.
http://rejuega.com/juego-aprendizaje/juegos-familia/25-juegos-para-divertirse-en-familia/