Ola compañeiros !
Vouvos propoñer unha actividade musical interactiva e gustaríame que participedes todos . Trátase da creación de un pequeno video musical on-line no que podedes cantar , bailar ou tocar o voso instrumento.
Faremos unha nova versión do Pasodoble de Cestaños que moitos xa traballastes na aula de música cunhas letriñas feitas para a ocasión.
Que podo facer ?
Recordade , a peza ten dúas partes, unha instrumental ,onde podedes bailar libremente e con que vos queirades ... pais , avós , cadelos ... etc (recordovos que os pasodobles bailanse en parella , decídelle os vosos pais e avós que vos ensinen) , e a outra parte onde cantaremos as coplas que vos adxunto.
Na parte instrumental podedes tocar a melodía se dispoñedes de algún instrumento na vosa casa , si tedes algún familiar que tamén toque algún outro instrumento tamén pode participar.
Como fago para gravarme ?
Moi sinxelo , adxúntovos dous audios de referencia , un só coa música e outro tamén ca letra . Debedes poñer uns cascos ou auriculares e cantar no tono e no tempo do audio e con outro dispositivo vos gravaredes en video . Por exemplo , si poño o audio no meu P.C. onde teño os auriculares , pódome gravar en video con un móbil. O audio de referencia non debe sair na vosa gravación .
Si o que queredes facer é bailar , podedes poñer o audio nuns altavoces para que non vos molesten os cables , pois ese audio non sairá na montaxe definitiva.
A onde mando os meus videos ??
Enviádemos a musicaceipoza@gmail.com aquí me podedes facer as preguntas que queirades se vos queda algunha dúbida.
Prazo : Ata o 10 de Maio
Animádevos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cestaños con letra.mp3 | 1.87 MB |
Cestaños C 130bpm (1).mp3 | 1.81 MB |
Cestaños Clarinete e trompeta.pdf | 20.29 KB |
Pasodoble de Cestaños.pdf | 23.08 KB |
LETRA Pasodoble de Cestaños versión CEIP Oza dos Ríos.docx | 13.04 KB |